Cerdeiras contra o lume

Trala vaga de lumes que asolaron Galicia no mes de outubro, son moitos os centros educativos que están a desenvolver iniciativas de educación ambiental para a restauración de ecosistemas ou para a prevención de incendios. Aquí no pazo do Faramello tamén estamos a pór o noso gran de area. Coincidindo coa segunda fase da reforestación do noso bosque para substituír as especies invasoras (eucalipto e acacia negra) por outras autóctonas máis propias de ecosistemas atlánticos (carballos, castiñeiros, érbedos, loureiros, abruñeiros, abeleiras …), tamén tomamos nota das últimas investigacións dos Centros de Investigación Forestal, nas que salientan as vantaxes  das cerdeiras nos corredores de protección contra incendios forestais.

Na mesma senda da Traslatio Xacobea e tamén tramo do Camiño portugués a Santiago, nos eidos do pazo abertos ao público como zonas de paseo, quixemos plantar 50 cerdeiras nas marxes do río Tinto.

Calquera visita escolar pode observar a zona de reforestación e o camiño das cerdeiras, para os que os pequenos de infantil nos fixeron os seus correspondentes sinalizadores en lousas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s