Visita de 5º de Primaria do CEIP A Maía

Reportaxe no programa da TVG Revista Fin de Semana: De excursión con nenos ao pazo de Faramello en Rois | CRTVG

Mostrando CEIP A Maía (31).jpg

Información na web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/604
Mostrando CEIP A Maía (24).jpg

15/11/2017

O Pazo do Faramello  está situado sobre o canón do río Tinto, afluente do Rio Sar, no lugar do Faramello no concello de Rois, provincia da Coruña.

Mostrando CEIP A Maía (32).jpg

Este pazo intégrase de forma espectacular na contorna natural que lle rodea é a contorna perfecta onde desenvolver actividades escolares nas que, desenvólvese de diferente maneira un contacto integral coa natureza, e ao tempo poténciase o coñecemento da ecoloxía e a historia de Galicia, por iso mereceu ser mencionado na obra da poetisa Rosalía de Castro, Camilo José Cela ou encomiado por Emilia Pardo Bazán. Ademais, durante a visita acompañounos a TVG facendo unha fermosa reportaxe sobre a mesma, que a podedes vela completa premendo sobre este enlace.

 Cando programamos unha saída co alumnado procuramos que lle proporcionen vivencias nas que participe a comunidade e que ao fin revertan sobre ela axudando a mellorala. Todas as actividades escolares  están enfocadas a un fin solidario, a plantación dunha árbore no Xardín do Recordo. un xardín público memorial á traxedia de Angrois no 2013, como colofón de cada visita

A nosa contribución para que quen visite o xardín foron un códigos QR con información sobre as árbores que plantamos, cercis siliquastrum  ou árbores do amor, para que quen o visite poida acceder no momento e in situ á información.

O noso agradecemento ao dono do pazo, Gonzalo Rivero de Aguilar, por poñer á nosa disposición e desfrute un entorno natural e único como é o do pazo. Tamén a unha parella, pai e nai dunha moza vítima do accidente do Alvia, que nos acompañaron na visita de xeito agarimoso  e discreto. Asun, nai de Laura (unha das vítimas do accidente) contoulles aos nenos e nenas que,  aínda na súa dor sen consolo apoian a Gonzalo na labor de seguir adiante co Xardín do Recordo, porque agora serán fermosas árbores as que lle lembrarán aos seus seres queridos.

O noso agradecemento tamén para Guillermo Crespo, membro da Fundación Internacional para a Restauración de Ecosistemas (FIRE), polas súas explicacións sobre a labor de reforestación de bosque atlántico que se está levando a cabo no pazo. E por último, o agradecemento á fotógrafa Elena Cerviño que foi quen de capturar fermosas e únicas imaxes que quedarán no noso recordo do que foi una marabillosa xornada didáctica nun entorno único.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s