Galería de visitas

Máis coñecido entre os menores coma o Pazo do Sol e da Lúa, o Pazo do Faramello é o espazo idóneo onde desenvolver actividades escolares nas que, segundo a súa idade, se procura de diferentes maneiras o contacto integral coa natureza ao tempo que se potencia o coñecemento da ecoloxía e da historia de Galicia.

Todas as actividades escolares son gratuitas para o alumnado, enfocadas cara un fin solidario: a plantación dunha árbore do amor no Xardín do Recordo como colofón de cada visita.

Cartaz doado polo ilustrador Leandro Lamas, convertido en logo do Xardín do Recordo.

Xa contribuirón coas súas árbores:

  • CEIP O Pumar- Urdilde (Urdilde),
  • CPI Os Dices (Rois)
  • EEI de Seira (Seira)
  • EEI Milladoiro (Ames)
  • CEIP Agro do Muíño (Ames)
  • CEIP de Pedrouzos (Brión)
  • CEIP A Maía (Ames)
  • IES Eusebio da Guarda (A Coruña)

Grazas a todos por axudarnos a facer realidade este xardín público.