O proxecto

O proxecto holístico do Pazo do Sol e da Lúa

Tan só mencionar a palabra pazo xa parece remitirnos a un cliché conxelado no pasado da vida señorial galega, con tal motivo son visitados constituíndo un motor turístico aínda pouco explotado si se compara con similares noutros países. É una opción, aínda que non deixa de ser unha efémera viaxe no tempo. Outra é darlle una vertente comercial, abundan exemplos nos que os espazos, salóns, produtos ou elaboracións compiten no mercado acompañados da imaxe e nome da propiedade. E existe una terceira posibilidade na que -considerándoos como lugares privilexiados que foron onde floreceron as artes, a cultura, os gustos refinados, a literatura ou o paisaxismo- se abran ao futuro e á sociedade permitindo o goce e enriquecimiento da cidadanía.

O pazo do Faramello iniciou desde fai uns anos un proxecto de apertura como referente cultural na zona de Compostela, para iso trabállase en varias frontes imbricadas entre si, destacando:

  • O coñecemento da historia do pazo pola singularidade da súa atípica orixe industrial, polos seus vínculos literarios e a súa pegada no devir de Galicia.
  • A recuperación e posta en valor da antiga senda de la Traslatio Xacobea e do primitivo Camiño portugués que atravesa a propiedade correndo paralela ao río Tinto.
  • A reforestación do bosque substituíndo especies invasoras por outras autóctonas.
  • A dinamización local coa celebración de eventos culturais.

A estes únense outros dous de marcado compromiso social: o da memoria e o educativo.

A memoria cívica (cidadá, social) está patente na creación do Xardín do Recordo un memorial ás vítimas do accidente de Angrois, deseñado pola Escola de Paisajismo Juana de Vega nun espazo de libre acceso de máis de 7000 metros cadrados. Seguindo a curva do río, cada cercis canadensis ou árbore do amor leva o nome dunha das 81 persoas que faleceron. Non se pretende que tan só sexa un lugar para o recordo, senón máis ben para a memoria amable; un espazo sanador para familias dos desaparecidos, pero tamén homenaxe a todas as persoas que desinteresada e anónimamente contribuíron a paliar a súa dor.

O espazo educativo do Faramello está integrado por todo o conxunto da propiedade, así en función da idade e intereses do grupo escolar, poderanse centrar na arquitectura, a escultura, a historia, a ecoloxía ou a literatura. Non hai programas pechados, non existen guías didácticas, é una experiencia gratuita que se crea para cada ocasión tralas conversas cos docentes. En tempos nos que as visitas escolares se converteron nunha sorte de maratón con metas a cumprir, o Faramello aposta intencionadamente por un deixarse ir, por un impregnarse da atmosfera, por un input de coñecemento por ósmose. A curiosidade e o pracer serán o caldo de cultivo da aprendizaxe. Tan só se mantén como actividade fixa, trala finalización da visita, a plantación dun exemplar de cercis no Xardín do Recordo.

É precisamente na vertente educativa onde todo toma corpo, onde se concibe a función do pazo no presente desde unha visión holística, na que todo está relacionado entre si, sendo moito máis que a suma das partes. Por iso, é a súa aposta máis decidida nos últimos tempos, que vai máis aló das visitas escolares, incluíndo a recepción de grupos tanto provintes de escolas superiores, da universidade,  de asociacións veciñais, grupos familiares ou clubes de natureza.

As recentes visitas de escolas de educación infantil, viñeron a refirmar o obxectivo do proxecto educativo do Faramello, a renaturalización da infancia, pois cada vez máis se detecta nela o que Richard Louv acuñou como trastorno por déficit de vitamina N (natureza). Que os pequenos escoiten o son do rio, que se admiren coa maxestuosidade das árbores, vexan como florecen as froteiras, descubran paxaros e insectos nun lugar privilexiado no que parece que o tempo se detén, quizais sexa máis proveitoso ca calquera outra saída didáctica máis ao uso, saturada de actividades con horarios limitados para a súa realización. A cuestión é que teñen que ser os profesionais da educación quen así o entendan.

O Pazo do Faramello brinda a visita a todas as escolas e institucións educativas con formulacións educativas acordes e respetuosas co exposto, abríndose a iniciativas como a que tivo lugar o 18 de maio, día das clases ao aire libre, na que máis de cen pequenos de 4 e 5 anos desenvolveron a súa xornada lectiva nunha aula na natureza, deixando que se asente a calma permitindo a contemplación sosegada da contorna natural e favorecendo as relacións, o silencio ou o xogo libre. Noutras ocasións, o cambio de estación -co que isto supón no bosque-, ou o peche dun curso académico permite que se reúna a comunidade educativa dun centro para así poñer broche a un proxecto de aprendizaxe e servizo.

Dicía Jean-Jacques Rousseau que “Hai un libro aberto sempre para todos os ollos: a natureza.” e que esta debe ser una constante na vida das novas xeracións. Para o Faramello non admite dúbida, como tampouco a ten na súa decisión de como estar presente como pazo na sociedade actual e futura.