Colaboracións

No proxecto educativo do Pazo do Faramello teñen cabida todo tipo de colaboracións (escolares, universitarias, con asociacións, institucións e outras organizacións sen ánimo de lucro), tendo sempre presente que o obxectivo final é a divulgación do patrimonio cultural e natural, así como o compromiso cívico no Xardín do Recordo.

Entre outras, dende o presente curso 2017-18, iniciouse unha vía de colaboración coa Asociación Medioambiental Alados, que nas súas actividades dos Bosquinenos inclúen roteiros polo Pazo do Faramello, rematando todos eles coa plantación dunha árbore no xardín público memorial ás vítimas de Angrois.